|
Reunión co Conselleiro - Aberto a todas as reivindicacións pero non se compromete con ningunha |
|
27/05/09 |
|
O Conselleiro de Educación está aberto a todas as reivindicacións de FETE-UGT pero non se compromete con ningunha. Jesús Vázquez confírmalle á FETE-UGT que derrogará o decreto de normalización lingüística. A Consellería de Educación asumirá o ciclo de Educación Infantil 0-3. O conselleiro, tamén asume desenvolver nesta Lexislatura unha Lei Galega de Educación. O Conselleiro non se compromete a reunir a comisión de seguimento do acordo retributivo alegando que necesita saber os recortes orzamentarios que vai ter a consellería de educación, posteriormente falarase do tema, pero adiantou que todos temos que premer o cinto para afrontar a crise.
|