“Imaxina que vives nun ambiente no que ninguén te fala directamente pero falan de ti na túa presenza”
“Imaxina que os nenos se burlan de ti na rúa e os adultos mírante fixamente e murmuran as túas espaldas”.
“Imaxina que te atopas nun mundo raro no que acontecen cousas que non entendes, e no que non podes anticipar o que vai a ocorrer.
“Imaxina que as persoas te collen do brazo, sácante á rúa, métente nun coche e nunca te din onde vas ir, ou que vas facer cando esteas alí”.
“Imaxina que vives e vas á escola en lugares controlados por persoas que nunca te deixan ir solo a ningún sitio”.
“Imaxina que as persoas sempre interrompen os teus intentos de facer algo e fáno por ti”.
“Imaxina que estás na escola e ano tras ano, os mestres soamente te preguntan tontadas como: ¿qué color é ese? Ou sinala o teu nariz; aínda teñas 18 anos.
“Imaxina situacións nas que ti intentas dicir que estás incómodo ou te molesta algo e ninguén te entende”.
“Imaxina que vives nun sitio no que as persoas constantemente se queixan de ti, ou fan chistes sobre ti na túa presenza”.
“Imaxínate escoitando constantemente ás persoas falar sobre o que non puedes facer”.
“Imaxínate a ti mesmo como unha persoa que existe, pero que ante os ollos dos demáis pareces existir sóoamente como un tema de conversa”.
“Imaxínate escoitando ós profesionais describindo as túas limitacións diante túa, como se ti non puideras entender”.
“Imaxínate que es un adulto aprendendo a facer un traballo produtivo e os teus instrutores trátante como a un neno”.
“Imaxina que non es capaz de dicir que non queres ver un programa de televisión diferente ao que os demáis están vendo.
“Imaxina que estás nunha situación na que todo o mundo te dá órdenes pero nunca falan contigo.”
“Imaxina que as personas solo esperan unha conduta inadecuada de ti.”
“Imaxina que nunca puideches tomar nin a máis mínima decisión persoal aínda que sexas un adulto.”
“Imaxina situacións nas que ninguén te pregunta que preferirías facer ou incluso comer.”
BENVIDO AO MUNDO DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
Judith Leblanc
Sindicato Nacional de Ensino Público