O Ministerio ven de convocar o curso para o desenvolvemento da función directiva e outras actividades de formación para profesorado non universitario no 2021.
Na FeSP-UGT coidamos a formación dos docentes máis que nunca. Se tes interese na Acción Educativa no Exterior este pode ser o teu curso!
FeSP-UGT VEN DE POÑER EN MARCHA VARIOS CURSOS DE PREVENCIÓN E COIDADOS DA VOZ DO PROFESORADO
Podedes obervar o cadro de formación para este curso académico que se irá ampliando en función da demanda do profesorado das diferentes comarcas onde ten sede a FeSP-UGT Ensino
FeSP-UGT Galicia asinou un convenio con ACADEMIA POSTAL en virtude do cal os nosos afiliados a afiliadas poden beneficiarse de descontos na matrícula, materiais e mensualidades establecidas na preparación de probas e programas selectivos para acceso ao emprego público das distintas Administracións Públicas.Os centros Formación ACADEMIA POSTAL comprométense a ofrecer aos afiliados e afiliadas de FeSP-UGT en Galicia que se matriculen os descontos seguintes:• Desconto dun 50% no importe da matrícula no centro• Un desconto dun 10% no importe do material que corresponda ao grupo de preparación.• Cando o número de persoas afiliadas a FeSP-UGT Galicia que se matriculen en grupos de preparación dunha mesma oposición en cada Centro de Formación de Academia Postal sexa igual ou superior a 5, aplicaráselle un desconto do 10% na mensualidade establecida para cada grupo de preparación, a aplicar a partir da data na que se produza tal situación.Para máis información diríxete ás nosas sedes.
Oferta de accións formativas para o profesorado no curso 2016/17.
XORNADAS DE FORMACIÓN EN FETE-VIGO DURANTE OS MESES DE MAIO E XUÑO:
- PROGRAMAR NA SOCIEDADE DO COÑECEMENTO. O CURRICULO LOMCE.
- METODOLOXÍAS ACTIVAS E PARTICIPATIVAS EN PRIMARIA E SECUNDARIA.
- A CONVIVENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS.