FeSP-UGT-Galicia rexeita a orde de 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
FeSP-UGT Galicia solicitou a paralización desta orde e ante a negativa da consellería pedimos que, cando menos, non se aplicara con tanta premura neste fin de curso. Por suposto, a Consellería fixo caso omiso desta petición, polo que os docentes vémonos obrigados a avaliar dun xeito que descoñecemos e ao que non estamos acostumados.
A isto hai que engadir a dificultade que supón o feito de ser unha orde moi aberta, ao non determinar a promoción por un número determinado de materias, xa que avalía por competencias.
Por último, sinalar que a administración educativa, unha vez máis, enganou ás familias e aos docentes, pois esta orde implica a vinculación coa avaliación de 3º e 6º de primaria.