Podemos distinguir tres tipos de formación que debe, ou non, realizar o traballador.
a) Formación obrigatoria en materia de prevención de riscos laborais.
Debe impartirse, sempre que sexa posible, dentro da xornada de traballo ou, na súa falta, noutras horas pero co desconto naquela do tempo investido na mesma. O custo desta formación non recaerá en ningún caso sobre os traballadores.
b) Formación obrigatoria con fins de adaptación a modificacións do posto de traballo.
O tempo de traballo dedicado á formación profesional necesaria, isto é, a aquela que vén imposta ao traballador por normas legais ou convencionais ou por decisión da propia empresa ha de ser considerado tempo de traballo. Cando sexa fóra do horario programado dun traballador, este non estará obrigado a asistir e se non o fai, a empresa deberá reprogramar esa formación dentro do horario do traballador; mentres que se o traballador opta por asistir, o tempo será computado como tempo de traballo efectivo, o que supón redución da xornada realizada durante o curso ou, no seu caso, a retribución adicional correspondente
c) Formación voluntaria do traballador.
Cando o traballador desexa, pola súa propia vontade, desenvolver actividades de formación profesional, terá dereito a permisos para concorrer a exames e preferencia para elixir quenda de traballo ou que se lle adapte a xornada ordinaria de traballo para a asistencia a estas, todo isto nos termos pactados para o seu exercicio na negociación colectiva.
Este tipo de formación voluntaria para o traballador, aínda cando sexa ofertada pola empresa, non ten o carácter de tempo de traballo e, polo tanto, non ten por que ser retribuído este tempo.
CONTINÚA LENDO...