Actualidad y noticias

24/04/2015
ASPANAS: Polo mantemento dos postos de traballo e o servizo ás persoas con discapacidade.

A mala xestión por parte da anterior directiva, ocasionou un retraso no aboamento do salario de mes marzo e está a poñer en perigo a viabilidade da empresa e, como consecuencia, o mantemento dos nosos postos de traballo e o servizo a uns usuarios que, desde hai tempo teñen en ASPANAS unha resposta a estes problemas.

Desde o primeiro momento estivemos en contacto coa actual directiva, á que solicitamos información sobre a situación da nosa empresa. Debemos dicir que ata agora a directiva á penas nos transmitiu información e a que nos proporcionou é insuficiente para coñecer a situación real da empresa. Ante isto o comité tomou as seguintes decisións: 

1.ESIXIR por escrito á empresa INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN ECONÓMICA real, sobre a súa viabilidade e as previsións de cobro de salarios no futuro máis inmediato.

2.Realizar unha asemblea informativa o sábado ás 11:00 h (Lugar) para trasladar a información de que dispoñemos ao conxunto dos traballadores.

3.Poñernos en contacto cos familiares dos usuarios para que apoien as nosas iniciativas e nos axuden na procura dunha solución.

4.Convocatoria de  ROLDA DE PRENSA (LUGAR, DÍA E HORA)  para que o conxunto da cidadanía de Ourense coñeza  a situación na que estamos e recabar o seu apoio.

5.PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN do 1º de MAIO levando unha pancarta co seguinte texto: “USUARIOS E TRABALLADORES DE ASPANAS: SOLUCIÓN Comité de Empresa” . 

6.Realizar unha CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 6 DE MAIO ÁS DE 12:00A 13:00h diante da Subdelegación do Goberno.

 

Así pois, o Comité de Empresa de ASPANAS quere pedirvos o voso apoio co fin acadar unha resposta clara por parte da  xunta directiva respecto a situación da mesma. Os traballadores de ASPANAS TEMOS O DEREITO INCUESTIONABLE DE COÑECER CAL É O NOSO FUTURO LABORAL.

Coa unión de todos os traballadores e  co apoio social loitaremos polo mantemento dos nosos postos de traballo e das prestacións dun servizo indispensable para aqueles que o están recibindo e as súas familias.

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia