Actualidad y noticias

18/09/2015
Implantación e desenvolvemento do Complemento de Desenvolvemento Profesional CDP

Unha das principais novidades introducidas no XIV Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade é a posta en marcha dun proceso de avaliación de mellora de competencias das persoas traballadoras.

 

O XIV Convenio Colectivo incorporou como aspecto novo ao articulado do mesmo, o complemento de desenvolvemento profesional. É o complemento ao que teñen dereito os traballadores que superen a avaliación regulada no artigo 88 do Convenio Colectivo.

 

Cada empresa procederá voluntariamente (ou non) á avaliación da mellora nas competencias do profesional cunha periodicidade máxima de 3 anos, previa negociación entre empresa e representantes legais dos traballadores.

 

Se a túa empresa cumpriu co establecido no artigo 87.4 do XIV Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade, enviando á Comisión Paritaria, a documentación para poder entrar dentro do sistema de competencias e, polo tanto,  realizar a implantación e desenvolvemento do Complemento de Desenvolvemento Profesional (CDP) na mesma, recibiu da Comisión Paritaria comunicación de que está dentro do sistema. 

 

Estas empresas, deben realizar a avaliación antes do 31-12-2015 e esta terá efectos económicos, para os traballadores que a superaron a partir do 1 de xaneiro de 2016, debendo percibir na nómina dese mes o 1,9% do salario base.

 

A avaliación é voluntaria. Se algún traballador non quere someterse a ela pode non facelo, debe expresalo por escrito e isto supón non cobrar o importe dese complemento.

 

Se a avaliación é negativa, irá acompañada dun plan de mellora (plan de formación individualizado), para cambiar o sentido da avaliación no prazo acordado. 

 

Se o traballador non está de acordo co resultado da avaliación, ou estándoo non se lle propuxo o plan de formación individualizado definido no parágrafo anterior, poderá poñer esta circunstancia en coñecemento da representación legal dos traballadores na empresa, que analizará a situación co empresario.

 

Se pola contrario a túa empresa non quixo incorporarse ao sistema de Desenvolvemento Profesional ou non cumpriu co establecido no artigo 87.4 do XIV Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade, a Comisión Paritaria comunicoulles que quedaron fóra do sistema, polo que deben pagarche automáticamente o Complemento de Desenvolvemento Profesional na cuantía establecida no 3,7 % do salario base anual en función do posto de traballo desempeñado a partir do 1 de xullo de 2015.

 


Documentos adxuntos a este artigo: Complemento CDP  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia