Actualidad y noticias

03/11/2015
Sobre a lei de protección á infancia e á adolescencia

A aprobación da lei de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (lei 26/2015, de 28 de xullo, boe do 29) creou certa confusión nos centros educativos e en todos aqueles colectivos que, pola súa actividade, tratan con menores e/ou adolescentes. 

 

 

Esta lei entrou en vigor aos 20 días da súa publicación no BOE e ten por obxecto  garantir aos menores unha protección uniforme en todo o territorio de Estado e  establece nun prazo de seis meses desde a súa publicación a creación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais que conterá a identidade dos condenados por delitos contra a liberdade e indemnidade sexual, trata de seres humanos, ou a explotación de menores, e información sobre o seu perfil xenético de ADN (Preámbulo II). Ata a posta en funcionamento do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, os certificados requiridos serán emitidos polo Rexistro Central de Antecedentes Penais (Dº.Tª.4ª).

 

Unha vez estudada e analizada, o noso GABINETE XURÍDICO establece as seguintes CONCLUSIÓNS:

 

1.- Atopámonos ante unha importante lei para a protección dos menores, que mellora a situación anterior e introduce novas garantías. 

 

2.- O persoal, que pola súa profesión, oficio ou actividade, teña contacto habitual con menores, deberá acreditar, mediante certificado do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, que non foi condenado por sentenza firme por algún delito dos referidos no art. 13 da O 1/96.

 

3.- Dado que o Rexistro aínda non se creou e a lei esixe ao Goberno facelo no prazo de 6 meses, a certificación correspondente realizarase polo Rexistro Central de Antecedentes Penais.

 

4.- Para o caso do persoal afectado por esta lei, docente e non docente, únicamente é exixible a certificación negativa de non ser condenado por sentenza firme por algún dos delitos citados. 

 

Dado que non se desenvolveu a lei, sería contrario ao art. 18 CE, sobre o dereito á intimidade, que se esixise un certificado de antecedentes penais de forma xenérica, no que se puxesen de manifesto circunstancias dos traballadores e traballadoras do sector que exceden da esixencia legal establecida pola lei 26/15.

 

Se o Rexistro Central de Antecedentes Penais, organismo temporalmente habilitado, non emite unha certificación negativa, exclusivamente limitada a delitos contra a liberdade ou indemnidade sexual ou relacionados, non será esixible polas empresas un certificado de antecedentes penais no que puidesen verse reflectidas circunstancias referidas á intimidade das persoas, distintas ás requiridas pola lei 26/15.

 


Documentos adxuntos a este artigo: Lei protedcción á infancia e adolescencia  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia