Actualidad y noticias

20/01/2016
O WhatsApp nos centros educativos

Teño como docente obrigación de participar nun grupo de WhatsApp ou mensaxería?

 

Talvez sexa unha das inquietudes que ultimamente están deixándose oír nas salas de profesores. FETE-UGT pretende axudarte  nesta disquisición.

Os grupos de WhatsApp nos centros

 

Internet cambiou o modo de comunicación, creando non só unha sociedade máis interactiva, senón enormemente participativa. As redes sociais son espazos de intercambio, cuxo potencial temos que aproveitar e que nos permite intercambiar contidos próximos e útiles. E os grupos WhatsApp cumpren con estes requisitos de proximidade pero tamén se converteron nunha fonte de posibles problemas.

 

Se es traballador do Ensino tes que estar informado dos posibles problemas ou situacións diversas que poden xerar os grupos de Whatsapp, mensaxería ou similares se non se xestionan ben. 

 

Este tipo de grupos poden ocasionar, cando se utilizan entre pais e nais, unha serie de problemas tanto na orixe e filosofía da súa creación (poden quitar responsabilidade ao alumno das súas obrigacións, non axudan á súa autonomía persoal...), como na propia práctica, xa que poden difundir e propagar informacións sobre o profesorado e o propio colexio, elevando o ton das críticas ou entrando en situacións de patente agresividade da que posteriormente ninguén se fai responsable.

 

Pero situacións aínda máis comprometidas e complexas poderían darse en determinados supostos de grupos interactivos en que participe o docente cos pais e nais se non existe unha adecuada estruturación e control por parte dos centros educativos mediante plataformas ou outras canles debidamente reguladas que si merecen outra consideración. 

FETE-UGT recoméndache:

 

• Sé coidadoso e responsable na creación de grupos de WhatsApp ou outras redes sociais por iniciativa do profesor na que participe a comunidade educativa porque se poderían xerar problemas de comunicación. 

 

• Se son as familias as que crearon un grupo de comunicación entre elas, se non é necesario, non participes.

 

•Se participas nalgunha plataforma interactiva, por iniciativa do propio centro ou túa, sé moi coidadoso co que escribes.

• Ten en conta que nos grupos de redes sociais creados entre colectivos non deben manterse conversacións privadas. Recorda o dereito á privacidade. 

 

• Evita o WhatsApp ou aplicacións similares de mensaxería como medio de comunicación para transmitir información relevante. 

En todo caso, FETE-UGT recórdache que non existe normativa legal de xeral aplicación pola que veñas obrigado a participar nun grupo das características como a aplicación WhatsApp ou similar. 

 

Se tes dúbidas ou queres saber máis sobre esta ou outra cuestión ponte  en contacto co teu representante de FETE-UGT no centro ou na sé do sindicato da túa comarca.


Documentos adxuntos a este artigo: O WhatsApp nos centros educativos  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia