Actualidad y noticias

16/03/2016
O CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA RECOMENDA Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN QUE AS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES SE INTEGREN NO ENSINO UNIVERSITARIO

FETE-UGT, CIG, ANPAS GALEGAS e Federación Galega de MRPs presentaron cadansúa emenda recomendando á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que adscriba as escolas superiores o os conservatorios superiores á universidade.

As catro emendas foron votadas conxuntamente sendo aprobadas por 14 votos a favor, 12 en contra, entre os que se contaban os dos representantes da Administración educativa, e 7 abstencións.

FETE-UGT, que forma parte da Plataforma pola integración das ensinanzas artísticas na universidade, e as demais organizacións mencionadas consideran que a integración destas ensinanzas na universidade evitaría que os estudantes destas ensinanzas sufran discriminación nas políticas de bolsas e mobilidade respecto dos estudantes universitarios e que non poidan acadar a homologación internacional dos correspondentes títulos académicos. Ademais, deste xeito non se produciría a grave desvalorización dos títulos ofertados polos Centros Superiores de Ensinanzas Artísticas fronte ás titulacións ofertadas polas universidades privadas que desenvolven estas ensinanzas.

O ditame do Proxecto de Decreto polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas superiores de Música nas especialidade de Dirección e Produción e Xestión foi aprobado por 18 votos a favor, 8 en contra e 3 abstencións.

No mesmo pleno debateuse o Proxecto de Decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Ortoprótese e produtos de apoio.

FETE-UGT presentou unha emenda recomendando a ampliación e investimento suficiente para o plan específico de formación permanente do profesorado que imparte estes títulos, plan e programa que deberán ser negociados cos representantes legais do profesorado no  ámbito das mesas de negociación e informado no Consello Galego de FP.

Aínda que esta emenda, de indudable importancia, foi aprobada por 14 votos a favor, 13 en contra e 6 abstencións, non será trasladada á Administración educativa ao ser rexeitado o ditame final pola maior parte do pleno.

Unha vez máis, quedou en evidencia a intransixencia da Administración educativa do Partido Popular que se opuxo a todas e cada unha das emendas presentadas por FETE-UGT e demais organizacións sindicais.

 


Documentos adxuntos a este artigo: Pleno CEG  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia