Actualidad y noticias

11/05/2016
CONCENTRACIÓN CONTRA A ADXUDICACIÓN IRREGULAR DUNHA VACANTE NA ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE PONTEVEDRA

No dia de onte 10 de maio, FETE-UGT, xunto as restantes organizacións sindicais da Xunta de Persoal Docente de Pontevedra,  amosaron o seu apoio ao proferoado e alumnado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra na concentración que tivo lugar diante da Xefatura Territorial, manifestando o seu total rexitamento á adxudicación definitiva dunha vacante aparentemente creada de forma irregular,  e algo mais que sospeitosa de tratarse dunha vacante creada "ad hoc".

Esta vacante non foi solicitada polo centro nin pola inspección e corresponde a unha especialidade que nin se imparte nin se vai impartir, extremo este admitido pola Consellaría.

Este feito xa foi rexeitado pública e oficialmente pola Xunta de Persoal Docente de Pontevedra antes da adxudicación definitiva do CXT pedindo a anulación de dita vacante, ao parecer sin ningún efecto.

FETE-UGT manifesta o seu total rexeitamento a este tipo de maniobras pouco transparentes e impositivas por parte da Consellería e iniste na necesidade de anular unha vacante que desvirtúa por completo o Concurso de Traslados

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia