Actualidad y noticias

20/06/2016
AVISO AOS TRABALLADORES DO XIV CONVENIO DE DISCAPACIDADE

Se a túa empresa cumpriu co estabelecido no artigo 87.4 do XIV Convenio Colectivo de Centros y Servicios de Atención a Personas con Discapacidad, enviando á  Comisión Paritaria, a documentación para poder entrar dentro do sistema de competencias e polo tanto realizar a implantación e desenvolvemento do Complemento de Desenvolvemento Profesional (CDP) e recibiu da Comisión Paritaria comunicación de que estaba dentro do sistema, debería ter realizado a primera avaliación antes do 31 de decembro de 2015 e ter comunicado as estadísticas dos resultados da avaliación, que deberá contar coa firma da representación legal dos traballadores, se a houbese, á Comisión Paritaria.

 

 Se a túa empresa non realizou a avaliación antes do 31 de decembro de 2015, ésta deberá pagar o CDPA (Complemento de Desenvolvemento Profesional Automático) é dicir, o 3,7% do salario anual incluídas as pagas extraordinarias, con efectos do 1 de xullo de 2015, por ter incumprido co que estabelece o art. 88 do Convenio Colectivo.

 

Se a túa empresa decidiu non integrarse no sistema de desenvolvemento profesional antes do 31 de decembro de 2013, o CDPA xerábase automaticamente a partir do 1 de xullo de 2012,  polo que o primeiro CDPA  deberíase ter percibido na nómina de xullo de 2015. A cuantía do mesmo é do 3,7% establecida nas táboas salariais para todo traballador/a que tivese unha antigüidade anterior ao 1 de xullo de 2012 e a partir dese momento, a todo o persoal a medida que vaia cumprindo tres anos de antigüidade na empresa.

 

Se non tes percibido cantidade algunha por este concepto na túa nómina, debes presentar no SMAC, demanda por reclamación de cantidades antes do 1 de xullo de 2016. 

 


Documentos adxuntos a este artigo: Reclamación cantidades CDPA  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia