Actualidad y noticias

28/06/2016
UGT DENUNCIA O XIV CONVENIO COLECTIVO DE DISCAPACIDADE

CCOO e UGT denuncian para promover a negociación do XV Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade 

Organizacións que teñen a consideración de máis representativas a nivel estatal, axustándose as súas lexitimacións aos termos do artigo 87 do Estatuto dos Traballadores.

A denuncia realízase con seis meses de antes da terminación da vixencia conforme ao indicado no artigo 7 do XIV Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade convenio cuxo ámbito territorial é todo o territorio nacional.

O ámbito funcional do Convenio son todas as empresas de titularidade privada, e dos servizos de atención a persoas con discapacidade que teñen por obxecto a atención, diagnóstico, rehabilitación, formación, educación, promoción e integración laboral de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, independentemente da fórmula de financiamento das prazas dispoñibles (concertadas, subvencionadas, totalmente privadas ou mixtas) así como as asociacións e institucións constituídas con esa finalidade.

Tamén afecta a todos os centros de traballo de titularidade pública xestionados por empresas, fundacións ou asociacións de carácter privado con ese mesmo ámbito funcional. Incluiranse neste ámbito todas as empresas e centros de traballo de titularidade privada que presten calquera dos servizos concedidos polas administracións correspondentes a persoas con discapacidade en aplicación á Lei 39/2006 de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia.

E o ámbito persoal do Convenio é todo persoal que preste os seus servizos nos centros e empresas incluídas no ámbito funcional do mesmo.

 O proceso de elaboración do futuro convenio colectivo, conforme ao Acordo Xeral entre as catro organizacións asinantes do convenio colectivo, terá tres niveis diferentes:

1. Recolleranse (con carácter xeral posto que todo o que sexa mellorable será susceptible de ser revisado) os acordos de paritaria como acordos que se entenden que poden ser de consenso entre as partes que se comprometeron coa sinatura do XIV.

2. Traballo de revisión de "conceptos interpretativos, paritarias, aspectos xurídicos, e outras cuestións non contempladas" no vixente convenio para conseguir que o XV sexa un mellor articulado que o XIV.

3. Traballo de negociación de reivindicacións sindicais conxuntas e/ou específicas de cada organización na liña de recuperar dereitos perdidos e outros inexistentes ata agora que poderían ser positivos así como das cuestións de organización do traballo que loxicamente propoñan as patronais do sector.

A Federación de Ensino de CCOO e a Federación de Empregad@s de Servizos Públicos de UGT, ambos sindicatos de clase e maioritarios do sector, traballarán para defender na negociación colectiva sectorial os dereitos de todos e todas as traballadores/as do sector.

 


Documentos adxuntos a este artigo: UGT denuncia XIV Convenio Discapacidade  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia