Actualidad y noticias

25/11/2016
Na discapacidade, pago delegado XA!

O sector de ensino da FeSP-UGT esixe o pago delegado para a totalidade do persoal dos centros de atención especializada e dos centros de educación especial do ámbito Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade.

Estamos a falar de centros de titularidade privada que ofrecen un servizo público a persoas con discapacidade e que, independientemente da forma de financiación, o certo é que esa financiación é pública.

Ante esta realidade, o sector de ensino da FeSP-UGT propón que sexa a propia administración  quen pague directamente o salario do persoal. A fórmula sería similar á que xa se está levando a cabo co persoal docente dos centros educativos concertados específicos de Educación Especial.

O concepto de pago delegado é unha loita defendida pola nosa organización como idea de seguridade xurídica e laboral, e é independiente da negociación dos Convenios Colectivos que correspondan. Desde o sector de ensino da FeSP-UGT defenderemos esta posición ante as Administracións Públicas con total e absoluta firmeza.


Documentos adxuntos a este artigo: Na Discpacidade, pago delegado XA!  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia