Actualidad y noticias

17/01/2018
FeSP- UGT oponse ao cambio de temarios para as oposicións docentes

O contexto actual, dominado polos fortes recortes educativos co aumento de rateos, da xornada lectiva dos docentes e da práctica supresión das partidas destinadas á compensación de desigualdades; ademais da política restritiva nas taxas de reposición de efectivos e a non convocatoria de prazas, desde fai anos, na maioría de Corpos e especialidades docentes, non solo se expulsou do sistema a miles de traballadores e traballadoras, se non que se dispararon as taxas de interinidade que, nalgunhas CCAA superan o 30%, alcanzando no conxunto do Estado a alarmante cifra do 25%.

O 29 de marzo de 2017, FeSP- UGT e outros sindicatos firmaron con Goberno un acordo para a mellora do Emprego Público, que obriga ás Administracións a reducir a temporalidade ata un 8%, nos próximos 3 anos. Este marco de negociación posibilitará que nos vindeiros anos se aborden nas diferentes Administracións educativas a convocatoria de máis de 110.000 prazas docentes para dar estabilidade ao colectivo de interinos.

Se a vontade do Sr. Méndez de Vigo, portavoz do Goberno e Ministro de Educación, é pechar un Pacto Educativo e unha nova lei educativa que aborde entre outros aspectos unha revisión do sistema de acceso á función pública docente, non ten ningunha xustificación, neste momento, que o MECD fale dun aumento de máis do dobre nos temarios de Mestres e un cambio tamén substancial nos temarios de Secundaria e resto de Corpos para o acceso aos corpos docentes.

UGT esixe que, nun período excepcional como o actual, no que se pretende dar estabilidade aos docentes e se negocia un Pacto Educativo, non se modifiquen nin se amplíen os temarios que rexen os sistemas de ingreso e acceso. 

 

DOCENTES IMPRESCIDIBLES!

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia