O vindeiro Martes 6 de febreiro ás 10:30 terá lugar a Mesa Sectorial Docente coa seguinte Orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 24 de outubro de 2017.
2. Oferta de emprego público.
3. Poxecto de Orde pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de EOI, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedeento de adquisición de novas epecialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade autónoma de Galicia.
4. Modificación de Addenda do acordo do 20 de xuño de 1995.
5. Rogos e preguntas