Actualidad y noticias

01/02/2018
RECUPEREMOS: SALARIOS - ANTIGÜIDADE - ACORDO DE EMPREGO

Quen cala outorga. Se calamos seremos cómplices dun roubo do que nós mesmos fomos vítimas. Móvete, reivindica.

É tanto pedir un incremento dun 1% nos concertos educativos destinados ao aboamento da PEA?

Hoxe en día un mestre da concertada aínda gaña 514,36€ menos do que gañaba en 2009 e un profe 615’18€. 

A isto debemos poñerlle remedio. Esiximos que a Consellería se sente a negociar cos sindicatos  un ACORDO RETRIBUTIVO e consensuemos uns prazos e cantidades realistas para recuperar o poder adquisitivo mediante o incremento progresivo do Complemento Retributivo da Comunidade Autónoma (CRCA), de exclusiva competencia da Consellería.

E DEMANDAMOS, que se incrementen os concertos educativos cuns obxectivos finalistas:

•INCREMENTAR os nosos salarios para recuperar o poder adquisitivo.

•O ABOAMENTO da PEA aos traballadores que cumpriron os 25 anos na súa empresa.

Haberá quen se bote as mans á cabeza porque demandamos máis cartos para os concertos pero que nos digan os alporizados como, se non, podemos obter o solicitado: A RECUPERACIÓN DOS NOSOS SALARIOS.

Non nos enganemos, a auténtica razón pola que a Consellería non negocia un AME é porque non quere negociar cun colectivo ao que despreza. PORQUE NON PROTESTAMOS? POIS PROTESTEMOS. TRÁTASE DO NOSO FUTURO E O DOS NOSOS FILLOS.

En marzo todos os sindicatos da concertada iniciaremos unha serie de mobilizacións para as que te NECESITAMOS. Queremos que esteas ao noso lado para loitar polo que nos corresponde, PARA RECUPERAR OS NOSOS SALARIOS E OS NOSOS DEREITOS.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia