A FeSP-UGT CONSEGUE A MELLOR OPE EN ENSINO DOS ÚLTIMOS ANOS
|
Ante a demanda da FeSP-UGT e o resto de organizacións asinantes do Acordo para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos na Xunta de Galicia da necesidade de aumentar a oferta de emprego público na Subcomisión de Seguimento do día 5 de febreiro, a consellería anunciou onte na Mesa sectorial Docente un aumento de 130 prazas verbalizando que foi grazas a esta demanda logrando, así, a maior oferta de emprego público dos últimos anos; 2.050 prazas.
O acordo asinado pola FesP-UGT incrementa a oferta de emprego público do 2018 nun 54,40%: a taxa de reposición (que sería o que correspondería de non asinar o acordo de mantemento de emprego) cífrase en 1.072 vacantes, pertencen á estabilización de emprego temporal 581 prazas e a promoción interna 397 prazas.
A pesar desta ampla oferta de emprego esta organización non é vasallo de ninguén e recriminou á administración as formas de aportar as cifras e as especialidades, é de recibo que informen ós representantes do profesorado das especialidades que se pretenden convocar e do número de prazas para dar pé a negociar en función das necesidades reais dos centros educativos.
Na Mesa Sectorial de onte a FeSP-UGT esixiu a ADMINISTRACIÓN que procedese a INCREMENTAR as prazas de PTxa que son insuficientes para atender á diversidade dos centros sen cargar de afíns e itinerancias a estes corpos; así como as de Educación Infantil que adquiren o destino definitivo con 0 puntos no CXT.
As principais demandas da FeSP-UGT, a maiores das habituais e coincidentes con outras OOSS, foron as seguintes:
· Como cuestión que vai aparellada ás ofertas de emprego, demandamos da Consellería que no proceso de Concurso de Traslados en vigor se proceda a ampliar o número de vacantes obxecto do Concurso. Reducir ó máximo a precariedade e temporalidade dos docentes en expectativa de longa duración, cunha ampla oferta de vacantes que axuden a estabilizar a este colectivo. A FESP-UGT demanda que, como mínimo, as adxudicacións correspondan co número de prazas para a OPE nas especialidades que teñen maior número de anos en expectativa. Esta organización sindical enviou unha relación das mesmas ás distintas delegacións provinciais recollendo as demandas dos centros educativos e do profesorado. A administración comprometeuse a sacar unha oferta de vacantes o máis ampla posible. Esta medida axudará a estabilizar as plantillas do profesorado.
· Aumentar a optatividade na proba de aptitude pedagóxica nas especialidades de Orientación Educativa, PT e AL dando a posibilidade de elixir entre dous Programas de Intervención no lugar de un ó chou.
· Corrixir unha das problemáticas que o profesorado opositor do corpo de mestres se atopa: a non posibilidade de quedarse en listas sen aprobar o primeiro exame coa titulación de Grao de Educación Infantil con mención Pedagoxía Terapéutica. Este pequeno colectivo que cursou os estudos entre os anos 2010 e 2014, por unha mala praxe da Universidade de Vigo e da administración , que permitiu a esta impartir unha mención que non dá opcións á saída laboral; debería ter o seu dereito a quedarse na listaxe de Pedagoxía Terapéutica; xa que esta mención é única en Galicia na Uvigo e se lles obrigou a matricularse no grao de infantil no caso de queres optar a esta mención.
Compromisos da Consellería:
A Consellería de Educación comprometeusea estudar as peticións feitas por esta organización sindical no referente ás propostas relativas á atención á diversidade, á optatividade na elección dos Programas de Intervención das especialidades de orientación educativa, PT e AL, do aumento nos prazos de reclamación e entrega de documentos e na ampliación de vacantes para o CXT actual, de xeito que o profesorado en expectativa de longa duración poda estabilizar a súa situación persoal e laboral.
Sindicato Nacional de Ensino Público
RECUPERACIÓN DE SALARIOS E DEREITOS
|