Actualidad y noticias

09/02/2018
RECLAMACIÓN GRUPO PROFESIONAL SUPERIOR

O grupo profesional vén determinado polas funcións que o traballador realiza na empresa, independentemente do nivel de estudos que teña. No convenio colectivo aparecen estes grupos profesionais e o que nos corresponda segundo as función desenvolvidas determinará o noso salario.

Cando realizamos funcións dun grupo profesional superior por un período superior a 6 meses nun ano ou 8 meses durante dous anos o ascenso debería ser un dereito a non ser que o convenio colectivo especifique algo distinto. En todo caso, o traballador ten dereito ao salario do grupo superior desde o primeiro día en que comeza a realizar esas funcións.


Documentos adxuntos a este artigo: RECLAMACIÓN GRUPO PROFESIONAL SUPERIOR  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia