Actualidad y noticias

13/02/2018
ANTEPROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DAS ENSINAZAS DE IDIOMAS DE RÉXIME ESPECIAL

Anteproxecto de Decreto polo que se establece o currículo dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de Réxime Especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Este decreto ten por obxecto fixar o currículo dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de Réxime Especial, de conformidade co establecido no Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro

Regula as condicións en que se poden obter os certificados acreditativos da superación dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 destas ensinanzas, así como os seus efectos e a documentación académica necesaria para garantir a mobilidade do alumnado.

Esta disposición ten, igualmente, a finalidade de regular os requisitos mínimos das escolas oficiais de idiomas no relativo á relación numérica entre estudantes e profesorado, instalacións docentes e número de postos escolares.


Documentos adxuntos a este artigo: Anteproxecto_Decreto_EOI  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia