Actualidad y noticias

27/02/2018
FeSP-UGT ENSINO DENUNCIA QUE A CONSELLERIA DE EDUCACIÓN VOLVE ELUDIR A SÚA RESPONSABILIDADE

 

 

 

 

 

 

Nivel AMARELO nas montañas de Lugo e Ourense, no noroeste de Ourense

e no interior da Coruña e Pontevedra

 

 FeSP-UGT ESIXE QUE SEXA A CONSELLERÍA QUEN DECIDA SE SE SUSPENDEN AS CLASES POLAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

 

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018.

 

O sector de Ensino da  FeSP-UGT Galicia esixe á Consellería de Educación que garanta a seguridade dos membros da comunidade educativa e asuma a súa responsabilidade, nesta oportunidade, con respecto á suspensión de clases polas condicións meteorolóxicas previstas para estes días, especialmente adversas en Lugo con nevadas e xeo.

A Consellería de Educación deixa, unha vez máis, en mans dos equipos directivos a responsabilidade de abrir os centros escolares, tanto públicos coma privados, tal e como xa sucedeu nun par de ocasións neste curso escolar, especialmente castigado polas condicións climatolóxicas. Esta vez, trala petición desta organización na Mesa Sectorial do 20 de febreiro, polo menos anuncian a alerta na páxina web da consellería; feito insuficiente xa que segue deixando en mans dos equipos directivos a responsabilidade do alumnado ante estes feitos.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA para o día 27 de febreiro de 2018, a partires das 20.00 h ata as 12.00 h do día 28 de febreiro por NEVADAS con espesores de máis de 5 centímetros, que afectarán as zonas do sur de Ourense, Valdeorras, sur de Lugo e centro de Lugo. Ademais, o aviso será de nivel AMARELO nas montañas de Lugo e Ourense, no noroeste de Ourense e no interior da Coruña e Pontevedra.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

- A NON SUSPENSIÓN da actividade docente nin do transporte escolar dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do sur de OurenseValdeorrassur de Lugo e centro de Lugo, con seguimento das condicións climáticas.

- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

 

Por todo isto, e para garantir a seguridade tanto do alumnado coma do profesorado, esta organización sindical esixe que “a Consellería tome a iniciativa, sen deixar nas mans dos equipos directivos a decisión de abrir ou non o centro educativo”.


Documentos adxuntos a este artigo: COMUNICADO DE PRENSA  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia