Actualidad y noticias

07/03/2018
XORNADA E VACACIÓNS DO P.A.S. DA CONCERTADA

 

 

 

XORNADA E VACACIÓNS DO PAS

DA CONCERTADA

 

06 de marzo de 2018

 

XORNADA

 

Artigo 30. Xornada do persoal de administración e servizos (PAS).- Este persoal terá a seguinte xornada:

1º.- Xornada anual de 1.600 horas. O persoal interno realizará 40 horas máis de xornada anual.

2º.- Xornada semanal de 38 horas de traballo efectivo, distribuídas segundo as necesidades da empresa, sen que a xornada diaria poida exceder de 8 horas e de 4 horas a do sábado. Resérvanse a disposición da empresa 57 horas da xornada anual, que poderán distribuírse ao longo do ano, aínda que supoña superar a limitación anteriormente establecida.

3º.- Este persoal gozará dun sábado libre en semanas alternas.

4º.- Cando as necesidades do traballo ou as características da empresa non permitan gozar en sábado e domingo o descanso semanal de día e medio continuo, este persoal terá dereito a gozar devandito descanso entre semana.

5º.- En todo caso, entre o final da xornada e o comezo da seguinte, mediarán, como mínimo, 12 horas.

6º.- Durante os meses de xullo e agosto e nas vacacións escolares de Nadal e Semana Santa, este persoal realizará xornada continua, cun máximo de 6 horas diarias e 48 horas ininterrumpidas de descanso semanal, podendo establecerse quendas para que os distintos servizos queden atendidos.

O establecido no parágrafo anterior aplicarase en todos os casos, salvo en internados ou análogos, cando a realización da xornada continua non garanta nestes o adecuado servizo, podendo establecerse quendas para que os distintos servizos queden atendidos.

7º.- O réxime de xornada de traballo establecido neste artigo non será de aplicación ao Porteiro e demais servizos análogos de vixilancia, a condición de que os traballadores afectados residan en dependencias proporcionadas pola empresa.

 

VACACIÓNS

 

Todos os traballadores afectados por este Convenio terán dereito a gozar, cada ano completo de servizo activo, unha vacación retribuída de 1 mes, preferentemente en xullo ou agosto, tendo en conta as características da empresa e as situacións persoais de cada traballador. Se o tempo traballado fose inferior ao ano, terase dereito aos días que correspondan en proporción.

Ademais o PAS ten dereito, segundo establece o Art 35 do convenio, a:

 

1º.- Seis días de vacacións durante o ano, 3 a determinar polo empresario e os outros 3 a determinar de común acordo entre os representantes dos traballadores e o empresario ao comezo do curso escolar.

2º.- Dous días máis de vacacións ao ano, 1 a determinar polo empresario ao comezo do curso escolar e 1 a determinar polo traballador.

3º.-  Seis días consecutivos dos que teñan a condición de laborables segundo o calendario laboral da empresa durante o período navideño.

4º.- Tres días consecutivos dos que teñan a condición de laborables segundo o calendario laboral da empresa no período de Semana Santa-Pascua.

 

  

Xuntos podemos máis

 

   

Sindicato nacional de ensino privado


Documentos adxuntos a este artigo: Informa-t: xornada e vacacions  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia