O mércores 21 de marzo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de oposición docentes 2018: ORDE do 14 de marzo de 2018 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas o ciais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: desde o xoves 22 de marzo ata o venres 13 de abril.
MODALIDADE DE PRESENTACIÓN: As solicitudes deberán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
https://www.edu.xunta.es/oposicions
e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal coas opción electrónicas de DNI electrónico, Certificado Dixital ou Chave 365.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A INSCRICIÓN:
Mestrado de Profesorado de Secundaria ou CAP: de ter participado nas últimas 4 convocatorias de Galicia ou de premer a casilla para que a Consellería comprobe os teus datos, estás exento de entregalo.
CELGA 4: de ter participado nas últimas 4 convocatorias de Galicia estás exento de entregalo.
Certificado Negativo do Rexistro de Delitos Sexuais: de premer a casilla para que a Consellería comprobe os teus datos, estás exento de entregalo.
Documentación acreditativa do español; no caso de persoas que non púan a nacionalidade e non teñan coma lingua oficial o español.
Documentación xustificativa da exención ou bonificación das taxas.
Documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade da adaptación, para o persoal aspirante que solicite a adaptación de tempo e medios.
Documentación identificativa para o persoal aspirante que non teña a nacionalidade española.
Non é necesario achegar nin a titulación alegada, nin a documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica ou o coñecemento do galego ou castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixeran nos procedementos selectivos convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polas Ordes do 17 de marzo de 2014, 11 de marzo de 2015, 4 de abril de 2016 ou 7 de abril de 2017 (salvo no caso de que a persoa interesada non outorgue consentimento expreso para que sexan consultados)
MESTRES
|
ENTREGAR O TÍTULO
ESCANEADO
|
ENTREGAR A CERTIFICACIÓN ACADÉMICA ESCANEADA
|
E. INFANTIL
|
SI
|
NON
|
E. PRIMARIA
|
SI
|
SI, no caso de Graos ou de Profesorado en Educación Xeral Básica
|
AL
|
SI
|
SI, no caso de Graos
|
PT
|
SI
|
SI, no caso de Graos
|
MÚSICA
|
SI
|
SI, no caso de Graos
|
L.E. INGLÉS
|
SI
|
SI, no caso de Graos ou de Profesorado en Educación Xeral Básica
|
L.E. FRANCÉS
|
SI
|
SI, no caso de Graos ou de Profesorado en Educación Xeral Básica
|
E. FÍSICA
|
SI
|
SI, no caso de Graos
|
NON TES QUE ACHEGAR NADA; se xa o entregaches nas últimas 4 convocatorias de Galicia ou de premer a casilla para que a Consellería comprobe os teus datos, estás exento de entregalo
PROFESORADO DE ENSINO
SECUNDARIO
E
PROFESORADO TÉCNICO DE
FORMACIÓN PROFESIONAL
|
SISI, no caso de Graos
TEÑO QUE ENTREGAR O TÍTULO ESCANEADO?
|
NON; se xa o entregaches nas últimas 4 convocatorias de Galicia ou de premer a casilla para que a Consellería comprobe os teus datos, estás exento de entregalo.
SI, aínda que o tiveras presentado nas últimas 4 convocatorias, se posúes unha titulación ou enxeñería nas que se requira unha especialidade para formar parte das listas de substitucións
|
EN CASO DE DÚBIDA CHÁMANOS!!!