Sentenza do TS, permisos retribuídos: incicio do goce o primeiro día laborable
O TS ditou unha importante Sentenza (Sala do social, nº 145/2018) sobre o caso do comezo dos permisos retribuídos.
A sentenza deixa claro que é o convenio colectivo de aplicación quen en cada caso regula as condicións para o goce dos permisos retribuídos, sempre para mellorar, ao non poder reducilos, os que establece o art 37.3.
Ademais, continúa a sentenza, debe entenderse que o día inicial de goce non pode ser un día feriado senón o primeiro día laborable que siga a aquel en que se produciu o feito que dá dereito ao permiso. Non interpretalo así podería levar ao absurdo de privar do permiso, ou de días no permiso, nos supostos de que o feito causante acaece ao inicio de varios días feriados seguidos, o que é contrario ao espíritu do art 37-3 do ET e a norma convencional.
Así pois o goce dos permisos retribuídos recollidos no ET debe iniciarse, cando o feito causante se produza en día feriado, o primeiro día laborable que o siga.
En caso de que o convenio de aplicación contradiga o dito nesta sentenza debería impugnarse o mesmo.