Actualidad y noticias

05/04/2018
MOBILIZACIÓNS: POR UN NOVO CONVENIO DE DISCAPACIDADE

Mobilización con unidade sindical

O próximo día 10 de abril ás 19.00h CONCENTRACIÓN diante da

Asociación Galega San Francisco (AGASFRA) en Vigo

 

MARABILLOSA UNIDADE SINDICAL: 

Os tres sindicatos máis representativos do ámbito da Discapacidade CIG, UGT e CCOO iniciamos xuntos un camiño de loita para conseguir un Convenio Digno para todas as traballadoras do devantito sector.

 

XA NOS TOCA

Despois de anos de axuste, con conxelacións salariais e perdas de poder adquisitivo, chegou o momento de recuperar os nosos dereitos laborais e incrementar os nosos salarios.

A precarización laboral non só ten efectos sobre as traballadoras, senón que tamén incide de maneira directa sobre o servizo público que se lle ofrece a usuarios e familias, minguando a calidade do mesmo.

 

Dado que as patronais  seguen ancoradas en discursos e retrógrados CIG, UGT e CCOO realizamos un chamamento ao conxunto de traballadoras, usuarios e familiares para que o próximo 10 de abril se mobilicen en defensa dunhas condicións laborais dignas que sen dúbida se verán reflectidas nun aumento da calidade do servizo.

 

POR UN CONVENIO DIGNO

POR UNS SERVIZOS DIGNOS

POLO INCREMENTO DOS SALARIOS

POLA REDUCIÓN DA XORNADA

POLA SUPRESIÓN OU MODIFICACIÓN DO CDP

 

 

 

SINDICATO NACIONAL DE ENSINO PRIVADO


Documentos adxuntos a este artigo: INFORMA-T MOBILIZACION DISCAPACIDADE  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia