Actualidad y noticias

10/04/2018
CONCENTRACIÓN EN VIGO POR UN CONVENIO DIGNO NO SECTOR DE ATENCIÓN AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

FeSP-UGT, CCOO e CIG convocaron mobilizacións ante o inmobilismo da patronal na negociación do XV convenio estatal de Atención ás Persoas con Discapacidade. As centrais denuncian un novo adiamento da mesa negociadora e critican que até o de agora se teñan celebrado unicamente cinco reunións, “moitas delas estériles”. Ademais, rexeitan que o empresariado pretenda reducir aínda máis as súas propostas “logo de termos un convenio xa recortado e masacrado na última década coa escusa da crise”.

 

Por todo isto hoxe 10 de abril celebraron unha concentración diante do Centro de Atención Especializada da Asociación Galega San Francisco (Agasfra) na rúa Tomás Paredes, 229, de Vigo para reclamar un convenio digno e un servizo de calidade na atención ás persoas con discapacidade.

 

Entre as principais demandas do persoal do sector, salientan:

 

-Recuperación dos dereitos laborais (cobro do 100% durante as incapacidades temporais, días de asuntos propios, permisos retribuídos, etc.).

 

-Supresión ou reforma do CDP (voltando aos trienios).

 

-Recuperación das perdas de poder adquisitivo (un 5,2% dende o XIV convenio).

 

-Pola conciliación familiar.

 

-Por unha redución da xornada laboral.

 

-Polas melloras salariais.

 

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia