Actualidad y noticias

29/05/2018
HOMOLOGACIÓN SALARIAL: A CONSELLERÍA SEGUE A DARLLE A ESPALDA Ó PROFESORADO

 

RESUMO DA MESA SECTORIAL DO 29 DE MAIO DE 2018

HOMOLOGACIÓN SALARIAL (4)

 

A FeSP-UGT, amosando vontade negociadora, propón un cambio na súa proposta á administración coa intención de conseguir unha apertura de diálogo na mesa Sectorial Docente desta mañá: unha suba salarial de 125 euros repartidos en dous anos. O aboamento do 50% no mes de xullo de 2018  e o outro 50% durante o 2019.

A administración modifica a súa proposta inicial e ofrece un incremento de 15 euros sobre a súa proposta inicial; un total de 65 euros repartidos en 20 euros con efectividade de xaneiro de 2019, 20 euros efectivos en xaneiro de 2020 e un último aboamento de 25 euros en xaneiro de 2021. Esta proposta á FeSP-UGT parécelle insuficiente e inaceptable tanto pola contía como polos prazos de execución.

Como resumo da Mesa Sectorial de hoxe, podemos dicir que CIG mantén a súa proposta de 150 euros e un calendario de negociacións. CCOO prantexa unha baixada de 15 euros quedando a súa proposta en 115 euros, baixada coincidente coa suba que posteriormente propón a Consellería. ANPE propón unha baixada a 125 euros manifestando que non hai moito máis marxe de redución da contía.

A posición da FeSP-UGT é clara e, manifesta a súa vontade negociadora, pero non a calquera prezo. Demandamos á administración unha imperiosa necesidade de revisión do calendario de aplicación para poder chegar a algún tipo de acordo e propoñemos 125 euros; cantidade a percibir en dous anos (50% en cun primeiro aboamento en xullo de 2018 e o outro 50% no ano 2019); mantendo as premisas dunha suba mensual e lineal para todo o profesorado galego; coa necesidade de que o acordo contemple unha cláusula de revisión (finais do 2019). É inaceptable establecer como data de finalización da aplicación do acordo o ano 2021 e esiximos unha aplicación inmediata que axude a restituír a precariedade salarial que o profesorado ven sufrindo desde hai dez anos e manifestamos o noso absoluto rexeitamento á proposta da administración de 65 euros mensuais que nos seguiría deixando á cola do resto de CCAA situándonos nun noveno posto.

A Mesa Sectorial reanudarase o vindeiro venres 1 de xuño cun imperativo da FeSP-UGT a que a administración revise a súa proposta e prantexe algún movemento máis aceptable que deixe de manifesto a vontade negociadora da mesma. Namentres, seguiremos a negociar POR E PARA TODO O PROFESORADO.

Sindicato Nacional de Ensino Público

 

RECUPERACIÓN DE SALARIOS E DEREITOS

 


Documentos adxuntos a este artigo: INFORMA-T NEGOCIACIÓN SALARIAL (4)  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia