RESUMO DA MESA SECTORIAL DO 1 DE XUÑO DE 2018
HOMOLOGACIÓN SALARIAL (5)
|
REALMENTE QUERE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ACADAR UN ACORDO DE HOMOLOGACIÓN RETRIBUTIVA?
Coa actitude mostrada nas últimas reunións, cremos que non.
A Consellería de Educación segue a enrocarse na súa estratexia de negociación e dificulta a consecución dun acordo que homologue os salarios dos docentes de Galicia cos do resto das Comunidades Autónomas.
Dende a FeSP-UGT, vimos observando e asistindo a un escenario de negociación que presenta por un lado a unha administración enrocada nunha postura nada dialogante e conservadora, por outra banda á pasividade mostrada pola Organización Sindical maioritaria e á entrada nun mercadeo de cifras por parte de CCOO coa administración. Todo isto sitúanos nun escenario de pouca marxe de negociación. Esta organización sindical non vai entrar no mercadeo e regateo das cantidades. O esforzo que está a facer esta organización sindical para acadar un acordo retributivo non se ve correspondido por parte da Consellería. A proposta de subida salarial que esta organización fai e froito dun estudo das táboas retributivas, unha proposta real, que nos sitúa nun escenario de pouca marxe económica para negociar. Coa intención de conseguir un desbloqueo e avance na Negociación esta organización rematamos a reunión coa seguinte proposta:
· un incremento salarial lineal (para todo o profesorado) de 115 euros.
· O aboamento do 50% da cantidade ten que efectuarse a partires do mes de xullo de 2018 e o 50% restante a partires de xaneiro de 2019.
· Cláusula de revisión a finais do ano 2019.
· Contextualización do acordo en base ós acordos anteriores (2003 e 2006) que esta organización sindical asinou.
A Consellería remata a reunión coa proposta que expoñemos a continuación:
· Incremento de 75 euros.
· Temporalizados do seguinte xeito:
o 10 euros a partires de outubro de 2018.
o 15 euros a partires de xaneiro de 2019.
o 25 euros efectivos en xaneiro de 2020.
o 25 euros en xaneiro de 2021.
Esta proposta á FeSP-UGT parécelle insuficiente pola cantidade proposta e inaceptable pola temporalización do acordo. Deixamos claro que non entraremos no xogo de subir e baixar a mesma cifra que a Consellería. A esta organización resúltalle inaceptable e desleal para co profesorado un acordo que non implique unha equiparación salarial cos nosos homólogos docentes doutras CCAA.
Como resumo da Mesa Sectorial de hoxe, salientar como ben sendo habitual a pasividade da CIG que se convierte nunha mera espectadora da negociación sen aportar nada dende a primeira reunión (e xa van 5). A posición da FeSP-UGT é clara e, manifesta a súa vontade negociadora, pero non a calquera prezo. Non imos continuar co mercadeo de cifras. Ante as dificultades que se plantexaron esta mañá para seguir coa negociación por unha posición errática e inmovilista por parte da CiG, favorecida pola actitude da Consellería nesta negociación.
O próximo xoves 7 de xuño volveremos a sentarnos a negociar cun reiterado imperativo da FeSP-UGT á Consellería para que revise a súa proposta e acepte a proposta desta organización sindical. Apelamos á responsabilidade de todos os que dunha maneira ou doutra están frustrando a posibilidade de chegar a un acordo retributivo que redunde no beneficio de todo o profesorado galego. Namentres, seguiremos a negociar POR E PARA TODO O PROFESORADO.
Sindicato Nacional de Ensino Público
RECUPERACIÓN DE SALARIOS E DEREITOS
|