Actualidad y noticias

12/11/2014
Polo mantemento do emprego, AGASFRA subrogación

FETE-UGT esixe a subrogación dos traballadores do centro de AGASFRA en Coia para manter os postos de traballo.

“O convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade prevé a subrogación obrigada por parte da empresa e a cesión de traballadores e traballadoras cando se dea contratación pública no caso de substitución (art. 27). No entanto, comprobouse que nos pregos non se menciona a necesidade desa subrogación e, sobre todo, non se especifican as categorías e demais circunstancias relevantes para a definición dos custos laborais con repercusión na oferta económica e para o exame por parte da administración resulta coincidente respecto dos requisitos desas categoías, mesmo na avaliación das ratios de atención”

Valedor do Pobo.

Non só o dicimos nós, tamén o Valedor do Pobo en resposta á queixa presentada por FETE-UGT , CCOO e CIG ante o Valedor do Pobo.

A Consellería de Traballo e Benestar non fixo as cousas como debía, desatendendo os intereses dos usuarios do centro de Coia de atención a persoas con discapacidade, pertencente á Asociación Galega San Francisco (AGASFRA), e dos traballadores do devandito centro. Por culpa da mala xestión de Consellería e das súas ansias privatizadoraas máis de 20 traballadores e traballadoras as poden perder o seu posto de traballo.  

Mantense a suspensión do expediente de contratación

Que a Consellería non debeu de facer as cousas como debía perece acreditalo o feito de que o Tribunal Administrativo Central de Recusos Contractuais dependente do Ministerio de Facenda resolveu manter provisionalmente  a suspensión do expediente de contratación das prazas ata agora xestionadas pola Asociación Galega San Francisco (AGASFRA).

 

 

 

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia