A raíz da sentenza do día 3 de Outubro na Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo, a UGT está a desenvolver unha campaña para a devolución das retencións aplicadas ao IRPF por parte dos traballadores, as cales se foron aplicando nas prestacións por maternidade da Seguridade Social.
A reclamación da devolución poderase facer dende o Exercicio 2014.
COMO RECLAMAR A DEVOLUCIÓN
Para reclamar a devolución seguiranse os seguintes pasos:
1. Débese cumplimentar un formulario tipo, o cal debe cumplimentarse cos datos do traballador que desexe reclamar. Mais abaixo poderás descargalo.
2. Unha vez presentada a reclamación e se non se obtén unha resposta da Axencia Tributaria (AEAT) dentro do plazo de 6 meses, deberá interporse unha reclamación ante o Tribunal Económico Administrativo.
3. Se a resolución do Tribunal Económico Administrativo fose negativa, entón deberá abrirse un procedemento pola vía xudicial.
SOLICITUDE DA DEVOLUCIÓN POR ESCRITO
Presentación do formulario escrito solicitando a "rectificación da autoliquidación do IRPF do exercicio correspondente", dirixiado á Administración da AEAT onde se teña o domicilio fiscal. O motivo que procede é a anterior percepción da prestación de maternidade por parte da Seguridade Social, a cal está declarada como exenta mediante a devandita sentencia do Tribunal Supremo.
Dito escrito poderá presentarse no Rexistro da AEAT ou en calquera Rexistro Xeral.
Podes obter o formulario premendo nesta ligazón.
Na seguinte ligazón podes descargar unha infografía co proceso.
SOLICITUDE DA DEVOLUCIÓN POR INTERNET
Para os exercicios do ano 2016 e 2017, a rectificación da declaración deberá presentarse mediante o programa Renta Web dispoñible en www.agenciatributaria.es
Acceso para 2016: dentro desta ligazón débese navegar ata a seguinte ruta: Servicio de tramitación de borrador / declaración (Renta Web)
Acceso para 2017: dentro desta ligazón débese navegar ata a seguinte ruta: Servicio de tramitación de borrador / declaración (Renta Web)
Ademais, a UGT pode resolver calquera dúbida a través dos servicios xurídicos territoriais, así como das federacións estatais.