Despois das PETICIÓNS de FeSP-UGT, A CONSELLERÍA ven de contestarnos que:
- As novas vacantes que se crean por desdobres e axustes de rateos serán incluídas na Adxudicación Definitiva do CADP.
- Tamén confirman que serán vacantes de curso académico e non vinculadas a situación de COVID 19.
Dende FeSP-UGT seguimos a lembrarlle que a actualización deste PROTOCOLO hixiénico-sanitario debe ter a súa concreción no ámbito organizativo e de recursos humanos polo que seguimos a reiterar a petición de seren convocados á Mesa Sectorial para tratar estes aspectos.