Actualidad y noticias

04/09/2020
FeSP-UGT demandou da Consellería de Educación que a COVID 19 NON AFECTASE ás tomas de posesión

A situación excepcional  derivada da COVID 19 tamén ten o seu impacto en algo tan importante para o sistema educativo como é a incorporación por adxudicación de profesorado en réxime de interinidade ou de substitucións por chamamentos dun número importante de persoas que puideran estar nese momento infectados ou estar illados ou estar en situación de corentena por ter estado en contacto con outros infectados.

Como é sabido, e coa normativa actual na man,  esta situación sería incompatible coa toma de posesión efectiva por parte do profesorado afectado.

Dende FeSP-UGT demandamos que o profesorado non vexa minguados os seus dereitos por causa da COVID 19 e polo tanto se diten as instrucións oportunas que permitan a toma de posesión daquel profesorado afectado polo anteriormente citado con plenos efectos tanto económicos como administrativos. E evidentemente, como consecuencia do anterior se procedan a ofertar e adxudicar de novos esas vacantes ata a incorporación do titular.


Documentos adxuntos a este artigo: RESPOSTA DA CONSELLERÍA  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia