Acaba de rematar unha reunión extraordinaria coa secretaría xeral técnica da Consellería de Educación, á que fomos convocados ás 10 da mañá do día de hoxe. Comprometeuse a adiar o comezo das clases para secundaria e FP ó día 23.
UGT SOLICITA:
- Se se retrasa o inicio das clases ,se retrase a adxudicación definitiva do CADP sen ver mermados os dereitos dos traballadores.
- Pedimos que se cuantifique o numero de profesorado e se clarifique a que se van destinar os 95 millóns de euros. Esiximos que os fondos extraordinarios se destinen a novas contratacións.
- Na última sesión do Consello Escolar de Galicia UGT entendeu, porque así o dixo o Conselleiro, que a modalidade semipresencial e o uso de mamparas eran excepcións por tipoloxía de ensinanza. Esiximos que se cumpra a distancia de 1.5 metros, e que a semipresencialidade sexa en todo caso voluntaria e a petición dos centros.
-Anunciamos que denunciaremos ante a INSPECCIÓN DE TRABALLO todos os incumprimentos do actual protocolo COVID 19 .