FeSP-UGT ENSINO inicia a CAMPAÑA DE DENUNCIA ante a inspección de traballo de todos os incumprimentos, fallos e erros graves que provocan inseguridades na aplicación do propio PROTOCOLO COVID 19 elaborado pola Xunta de Galicia.
FeSP-UGT ENSINO xa denunciou publicamente a desastrosa actuación da Consellería de Educación diante da Pandemia provocada pola COVID 19 e que ten como máxima consecuencia a implantación, sen escoitar, nin consensuar, nin ter presente ás organizacións sindicais, dun Protocolo para o ámbito do Ensino cun criterio fundamentalmente económico en vez de estar centrado nas persoas e a súa saúde e seguridade.
FeSP-UGT ENSINO considera ademais que en moitas situacións nos centros pódense estar a vulnerar os dereitos básicos dos traballadores no relativo a garantir a saúde propia e a do resto da comunidade educativa.
📌FeSP-UGT ENSINO denunciará diante da inspección de traballo as irregularidades das que teña coñecemento e igualmente fai un chamamento a todo o profesorado para que nos faga chegar as súas dúbidas e denuncias.
📌ACHÉGANOS as túas denuncias directamente á nosa sede, telefonicamente ou enviándoas ós seguintes enderezos:
ensino.compostela@fesp.ugt.org
ensino.coruna@fesp.ugt.org
ensino.ferrol@fesp.ugt.org
ensino.lugo@fesp.ugt.org
ensino.lemos@fesp.ugt.org
ensino.ourense@fesp.ugt.org
ensino.vigo@fesp.ugt.org
ensino.pontevedra@fesp.ugt.org
ensino.arousa@fesp.ugt.org
Unha vez recibida a túa denuncia poñerémonos en contacto contigo para concretar polo miúdo a situación e a partires de aí proceder, se fora o caso, a cursala.
FeSP-UGT estivo, está e estará sempre ó carón do profesorado, persoal non docente e comunidade educativa para defender a súa saúde, seguridade, dignidade e necesidades.