No día de hoxe tivo lugar a xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de interinos, solicitada pola nosa organización sindical o pasado 29 de setembro, despois da aprobación no Consello de Ministros do Real Decreto Lei polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito do ensino non universitario.
A Consellería anúncianos que vai presentar á próxima reunión da Mesa Sectorial (con case total seguridade o próximo martes día 6)
➡️ a addenda transitoria ó acordo actual de interinos que recollerá a excepción, temporal, do requisito de ter formación pedagóxica para acceder á docencia.
➡️ Tamén irá á Mesa Sectorial o borrador de convocatoria de Concurso Xeral de Traslados (CXT)