Actualidad y noticias

26/11/2020
INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS

 

Nos últimos sete días non deixou de haber novidades nas listas. Velaquí as máis relevantes:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 📌Sobre o funcionamento das listas destacamos aspectos aclarados no artigo 2 da  RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2020 :

 

 

1. Ata a finalización do curso académico en que as autoridades correspondentes determinen que deixaron de concorrer as circunstancias extraordinarias derivadas da pandemia da COVID-19, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá realizar convocatorias para incorporar ás listas de aspirantes a realizar interinidades e substitucións nas distintas especialidades dos corpos docentes aspirantes que, reunindo todos os demais requisitos establecidos para o acceso á docencia, non posúan a formación pedagóxica e didáctica de posgrao ou equivalente exixida.

 

 

2. Terán prioridade, en todo caso, as persoas aspirantes ao desempeño de postos en réxime de interinidade e substitución que estean en posesión do título oficial de posgrao que acredite a súa formación pedagóxica e didáctica, ou formación equivalente.

 

 

3. En ningún caso consolidará a prioridade na lista prevista no Acordo do 20 de xuño de 1995 o persoal quen acceda inicialmente á lista correspondente sen estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica exixible con carácter xeral.

 

 

4. O persoal que, se é o caso, sexa chamado para prestar servizos sen estar en posesión do título oficial de posgrao que acredite a formación pedagóxica e didáctica, deberá realizar a formación que sobre este particular deseñe a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

 

 📌 Sobre o estado das listas destacamos as listas que están enprazo de reclamacións ás resolucións provisionais:                                                                                                                       

 

  lingua castelá e literatura.

📍Prazo de reclamacións: ata o 27 de novembro.

📍Procedemento de reclamacións: obrigatoriamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa  na sede  electrónica   da   Xunta   de   Galicia   e utilizando o modelo de emenda ao requirimento.

 

 

 📌Para  ver o estado no que se atopan todas as especialidades convocadas preme no adxunto.👇👇

 

 

 

 

 

 


Documentos adxuntos a este artigo: Todas as listas. Todas as especialidades.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia