Actualidad y noticias

01/12/2020
Concurso de traslados específico para xefaturas de orientación.

No DOG de 1 de decembro publicouse a ORDE do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería.

 

 

 

 

 


📍O prazo de participacións vai dende o 2 ata o 23 de decembro.


📍Considérase criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutoramento ou licenciatura en Psicopedagoxía; doutoramento, licenciatura ou grao en Pedagoxía ou en Psicoloxía; doutoramento ou licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación (especialidade de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en Filosofía e Letras (especialidade de Pedagoxía ou Psicoloxía).

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia