Actualidad y noticias

12/12/2020
240 novas prazas para o profesorado técnico de formación profesional.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Lei de orzamentos para o ano 2021, en trámite, posibilita unha taxa de estabilización do emprego temporal do 100%. Isto tradúcese en 240 prazas máis que se engadirán ás convocadas na Orde do 24 de febreiro de 2020. Según o anuncio da consellería, a principios de xaneiro abriráse un novo prazo de solicitudes exclusivamente naquelas especialidades nas que se produza un incremento de prazas.

 

Con  este incremento o que se pretende é axudar a paliar a dificultade que nun futuro puider afectar o profesorado interino. En concreto, poderíase requerir unha titulación de nivel de grado dado que a versión actual da LOMLOE, aínda no Senado, establece a integración do profesorado técnico de FP no corpo de PES.

 

Agardamos poder concretar máis o procedemento despois da próxima Mesa Sectorial.




 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia