Actualidad y noticias

23/12/2020
UGT ESIXE AO GOBERNO NEGOCIAR A SITUACIÓN DO PROFESORADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Reivindicamos que se garanticen os seguintes aspectos:

 

· Que o procedemento de incorporación do Profesorado Técnico de FP, con titulación universitaria ao Subgrupo A1, se negocie o máis axiña posible.

 

 

· Que o Ministerio de Educación e FP e o de Universidades arbitren os procedementos necesarios para posibilitar que o Profesorado Técnico de FP que careza da titulación universitaria poida acreditala.

Parte dos créditos necesarios deben ser validados pola súa demostrada experiencia docente e poida incorporarse ao Subgrupo A1, nas mesmas condicións que se establezan para quen, nestes intres, teñen o requisito de titulación.

 

 

· Que se garantan as condicións de mobilidade pola vía do CXT do Profesorado Técnico de FP.

 

 

· Que se garanta o mantemento das actuais condicións, en canto a requisitos, atribución docente, relación contractual...ao Profesorado Interino de FP que actualmente existe.

 

 

 

· Que se inicien negociacións co Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Administracións Educativas para a equiparación salarial do Profesorado Técnico de FP.

 

 

Toda a información no noso adxunto:


Documentos adxuntos a este artigo: Infórmate: Polos dereitos do profesorado técnico de FP.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia