A conselleria confía nun aviso programado para anunciar hoxe, día 24, a apertura de prazo para inscribirse nas oposicións de PTFP. O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 9 de febreiro.
Na última reunión cos representantes sindicais, a Xunta anvanzara que non ía levar á mesa a nova convocatoria porque entendía que só supón un prazo de apertura para novos inscritos.
Na FeSP-UGT entendemos que se xerarán moitas dúbidas e casuísticas. De momento, só aclaran que as persoas xa inscritas non terán que realizar unha nova solicitude pero si poderán modificar a súa quenda. Ficamos á espera de que a publicación oficial no DOG despexe dúbidas por exemplo no referente a prazos de méritos baremables.