Actualidad y noticias

27/01/2021
Información sobre a actualización das nóminas dos docentes.

📌Tras as consultas sobre nóminas  atendidas nos últimos días, aproveitamos para  trasladarvos a seguinte información:

 

Con efectos de xaneiro de 2021 temos comprometido un incremento de 30 euros no Complemento Específico de cada docente. Esta subida corresponde ó último tramo do ACORDO SOBRE AS RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL DOCENTE DEPENDENTE DA CONSELLERÍA asinado pola FeSP-UGT o 18 de xullo de 2018.

 

Así mesmo teremos que sumar o aumento do 0’9%

asignado nos presupostos do estado para todo o persoal funcionario.

 

Non obstante, estas cantidades non se verán reflectidas ata a nómina de febreiro (coa Orde de confección de nóminas xa publicada), na que se cobrarán con efecto retroactivo.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia