Actualidad y noticias

02/03/2021
RETRIBUCIÓNS E PENSIÓNS 2021

Para analizar as nosas retribucións temos que empezar volvendo a vista atrás.

O ano 2018 marcou o inicio da recuperación retributiva despois de 8 anos de recortes nas nosas nóminas.

UGT asinou dous acordos que rachaban coa dinámica de perda de poder adquisitivo que arrastrabamos dende 2010

Nesta nómina de febreiro, con efectos de xaneiro de 2021 xa vimos reflectido un incremento de 30 € no Complemento Específico , froito da última parte do Acordo Autonómico.

Tamén percibimos o aumento do 0,9% comprometido nos Presupostos do Estado para o persoal funcionario.

Pero, cales son as nosas perspectivas de futuro?

 A UGT sempre foi e seguirá sendo parte decisiva na consecución de acordos para o profesorado galego.

Primamos a negociación e o entendemento que se materializan en logros tanxibles e seguiremos na nosa liña de reivindicar que o profesorado,

bastión da calidade do sistema educativo, merece mellores retribucións, mellores condicións e mellor recoñecemento social.

Son momentos difíciles, moi difíciles,  pero seguiremos defendendo os intereses dos traballadores e das traballadoras porque unha boa educación

pública é a maior riqueza e o principal recurso dun país e a súa cidadanía. É garante do progreso da sociedade.

 

 


Documentos adxuntos a este artigo: Boletín informativo das retribucións e xubilacións 2021  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia