Actualidad y noticias

03/03/2021
MESA SECTORIAL: OPOSICIÓNS 2021

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na Mesa Sectorial de 2 de marzo relativa á modificación da Orde de convocatoria de oposicións con-firmáronse os seguintes aspectos de interese:

•Suprímese o acto de presentación debido a situación sanitaria pero teñen que buscar a ma-neira de que os aspirantes poidan preguntar ao tribunal

as posibles dúbidas antes do comezo da 1ª proba.

 

•Suprímese a obriga de participar  no proceso selectivo ao persoal interino e  substituto que xa consolidara posto 

(tal como se aprobou o 26 de febreiro na disposición transitoria do Acor-do do Persoal Interino). Non obstante, só se procederá ás devolucións de taxas

no caso de persoas inscritas que resulten excluídas.

 

•Amplíase o número  de tribunais (intentando manter unha media de 74 aspirantes por tribu-nal). Naquelas especialidades en que o persoal funcionario

de carreira da Comunidade sexa insuficiente, nomearán ou completarán o tribunal con persoal docente doutras especialidades afíns  do mesmo corpo ou

doutro corpo do mesmo ou superior subgrupo así como persoal dou-tras comunidades autónomas.Tamén cabe a posibilidade de nomear persoal asesor.

Pedimos que se faga pública a relación completa definitiva das persoas integrantes dos tribunais, unha vez foran aceptadas as posibles renuncias, antes do comezo das probas.

 

•Incremento de localidades e sedes. No corpo de mestres as sedes para a realización das probas non se van modificar posto que xa elixiron  localidade na inscrición.

No resto de corpos, ademais das 7 cidades , están estudando a posibilidade (isto non é definitivo) de localidades coma: Culleredo, Oleiros, Narón, Foz, Sarria; Vilalba,

Viveiro, Carballiño, Ribadavia, Allariz, Vi-lagarcía, Lalín, Porriño e Cangas. 

 

•Acreditación do coñecemento de castelán e galego. As probas de acreditación de castelán e galego, ubicaranse en Santiago e, se fose preciso segundo o número de aspirantes,

estarán distribuídos en 2 ou 3 centros atendendo ás condicións sanitarias. O persoal aspirante será convocado a través da páxina web da Consellería como mínimo con

5 días hábiles de antela-ción da primeira proba para indicar a data, hora e lugar no que se realizarán estes actos.

 

•Distribución en varios días do comezo do procedemento selectivo. Con esta medida o que se pretende é evitar aglomeracións de aspirantes e conseguir unha mellor distribución de opositores. 

O que pedimos é que non se distribúan os exames dunha mesma especialidade en varios días. Dende Consellería confirman que a súa intención é que todos os tribunais dunha mesma especialidade actúen o mesmo día.

 

•Data alternativa. As persoas que non poidan realizar a 1ª proba nas datas establecidas por ra-zóns de maternidade ou por estar cumprindo unha medida de illamento ou corentena 

poderán realizar a proba o 10 de xullo comunicándollo ó tribunal 48 horas despois da finalización da 1ª parte da 1ª proba. Pedimos que tamén se inclúa a 2ª parte da 1ª proba.

A Consellería com-prometeuse a cambiar a redacción para que inclúa toda a 1ª proba. Se estes impedimentos se producisen na 2ª proba será o tribunal o que decida.

A Consellería debería facilitar, e así se lle trasladou, a maneira para comunicarlle ao tribunal a imposibilidade de asistir á 1ª proba. Non hai ningunha outra alternativa para as persoas que

o 10 de xullo tampouco poidan acudir. 

 

•Rematado o procedemento selectivo, publicaranse os enunciados dos exercicios prácticos da 1ª proba e, cando proceda, as solucións destes. 

 

•Pedimos que se dea a coñecer por parte dos tribunais, coa suficiente antelación, os materiais que van poder utilizar as persoas aspirantes dunha mesma especialidade.

 

•LOMLOE:  no documento publicado con instrucións para as oposicións no se fai referencia á disposición transitoria segunda bis da LOMLOE que entrou en vixencia.

Esta disposición cam-bia o carácter dos estándares de aprendizaxe de obrigatorios a orientativos feito que condicio-na  as programacións e as unidades didácticas.

Aínda que pedimos que a Consellería tería que revisar esas instrucións, di que non o vai facer porque non son vinculantes para o tribunal.

 

•Reunións: vannos convocar a unha serie de reunións de seguimento para falar dos protocolos de actuación: reparto de aspirantes en canto estean constituídos os tribunais,

sedes para a rea-lización das probas, medidas de protección e protocolo de actuación sanitaria durante as pro-bas, etc…

 

•Lista de admitidos. Non teñen data prevista.

 

•Devolución das taxas: a devolución só se admitirá nos casos en que o persoal aspirante sexa excluído na lista definitiva. Non ós que deciden non presentarse.

 

Para ver o noso Infórmate completo e coñecer outros asuntos tratados, preme no documento adxunto:


Documentos adxuntos a este artigo: Infórmate: Mesa sectorial de ensino, 2 de marzo  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia