Actualidad y noticias

26/03/2021
Retómase o proceso de vacinación.

Vimos de manter unha reunión sobre a vacinación con representantes das Consellerías de Educación e Sanidade na que se perfilaron os seguintes temas:

 

No sector do ensino:

Reanúdase o plan de vacinación e amplíase ata os 65 anos o uso da vacina de AstraZeneca. En función do número total de vacinas recibidas o luns (ata o de agora chegaron 12.000 das 22.000 previstas), decidirase se o martes  se comeza a vacinación seguindo o acordo de priorización ou por orde alfabético comezando pola letra H.

 

Con respecto ó persoal en situación de IT seguirase o procedemento que se viña aplicando: chamarase no momento do volcado de datos despois da súa incorporación.

 

O procedemento a seguir co persoal de comedores de xestión indirecta determinarase nunha próxima reunión das ANPAS con estas dúas Consellerías.

 

Os alumnos que estean a realizar prácticas en centros de traballo seguirán a orde de prioridade valorada pola Consellería de Sanidade. Pedirase o listado de alumnado de FP do ámbito sociosanitario.

 

 

A nivel de poboación xeral:

-Xa están rematando de inmunizar ás persoas de 80 anos con vacinas doutras marcas.

 

-As persoas con tratamento oncolóxico, pacentes inmunodeprimidos e as persoas maiores de 40 anos con Síndrome de Down, vacinaranse na franxa de idade de 70 a 79 anos.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia