Actualidad y noticias

08/04/2021
Asuntos da próxima Mesa Sectorial de Ensino.

Na vindeira Mesa Sectorial de Ensino do 13 de abril trataránse os seguintes asuntos:

 

📌Proxectos de decreto OPE 2021

 

📌Anteproxecto do Decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

📌Convocatoria de concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

📌Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, como profesor especialista, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Emerxencias e Protección Civil 

 

📌Calendario escolar 2020/2021

 

Ademais podemos abordar outras cuestións e darlle voz ás túas suxestións como na última Mesa. Podes consultar os borradores nos arquivos adxuntos. Tamén atoparás como contactar co delegado da túa zona.

 

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia